Queixas en Xinzo pola reducción no ancho dunha pista

IMG-20210216-WA0015[1]
photo_camera Os edís populares achegáronse ata o lugar cun metro.
Dende o equipo de goberno aseguran que o proxecto foi elaborado por un técnico municipal e aprobado pola Xunta. 

Os edís do grupo municipal do Partido Popular de Xinzo lamentaron a reducción do ancho nunha das pistas que comunica o pobo de Baronzás co enlace da autovía A-52. Algúns deles achegaronse ata o punto en cuestión e aseguraron que pasou de 4,50 metros de ancho, a 3,80 metros, un estreitamento que, censuraron, "non permite o cruce de dous vehículos, un dos dous ten que saírse do novo aglomerado co perigo de pinchado ou corte nas rodas". 

Os populares manteñen que esta actuación, que foi executada e supervisada polo Concello coa subvención que a Xunta de Galicia  proporciona cada ano dentro do Plan Marco para arranxo de pistas agrícolas, responde a unha das primeiras decisións levadas a cabo dende a nova Comisión de Seguimento integrada polos concelleiros de Obras e Servicios Sociais, ademais da propia rexedora, Elvira Lama. "No vindeiro pleno preguntaremos se este ancho está informado favorable polos técnicos municipais", anunciaron dende a bancada popular. 

O edil de Obras, Ramón Gómez, explicou que o proxecto está elaborado por un técnico municipal e aprobado pola Xunta: "Ten 3,80 de ancho de vía, pero se fixo unha mellora con aglomerado da capa de rodadura dunha superficie asfaltada polo anterior equipo de goberno. É unha pista agrícola. A crítica é á lixeira.O técnico contemplou un ancho de vía de 3,60 e nós démoslle 3,80. Se o arrimábamos máis á cuneta podía ceder a base".

Te puede interesar