política

"Queremos crear un museo agrario e converter a Praza de Abastos nun referente"

fn_1745_result
photo_camera Amador Díaz Penín (XESÚS FARIÑAS)

Amador Díaz é candidato á Alcaldía de Xinzo para Áxil

Amador Díaz é unha desas persoas que, aínda que quixesen, non poderían vivir sen loitar por aquelas causas nas que cren. "Eu e que sempre estou metido nalgunha historia", di este técnico agrícola limiao nado en Alemania, que fora concelleiro en Xinzo polo BNG durante trece anos e que na actualidade preside a Asociación de Productores de Pataca da Limia. Este sábado presentará oficialmente a candidatura de Áxil -Alternativa por Xinzo de Limia-. 

Que o motivou a regresar á política despois de oito anos?

O principal motivo é que se achegou moita xente a mín e me dixo  que tiña que facer un esforzo e presentarme ás eleccións municipais.

Que lle transmite esa xente?

Quéixanse da situación de abandono do pobo. O goberno local mudou tres veces de alcalde e se esqueceu do fundamental. 

Cal é a ideoloxía de Áxil?

Somos un grupo de persoas normais que, polas nosas profesións, non temos necesidade ningunha de meternos en política, pero queremos que o pobo cambie. 

Cre que terán máis atrancos ao non estar suxeitos a unhas siglas tradicionais?

Os partidos son aparatos que fan que as formacións locais teñan que seguir un guión. Nós non temos ataduras e só pelexaremos polo interese de Xinzo. 

Cales son as súas propostas?

Apostar polos servizos sociais e pola dinamización do comercio e da hostalería, así como do polígono industrial. Penso que Xinzo ten que vivir do Entroido os 365 días do ano, e tamén queremos crear un Museo Agrario e convertir a Praza de Abastos nun referente.

Cal é o seu obxectivo?

Gañar as eleccións como calquera partido que se presenta, pero teño claro que como mínimo seremos a segunda forza política.

Te puede interesar