MÚSICA

Quinteto de vento para celebrar o Día da Música en Xinzo

Terá lugar a partir das 18 da tarde, nunha xornada na que tamén se conmemora o Día Internacional da Música

Os músicos limiáns están de celebración este venres. Con motivo da conmemoración da súa patroa, Santa Icía, o consistorio da capital da Limia xunto coa Deputación de Ourense e o Conservatorio Profesional de Música, organizan un concerto no Auditorio da Casa da Cultura a cargo do quinteto de vento "Invento". O Conservatorio da vila limiá celebrará o seu día mediante un festexo que terá, como centro, a actuación deste grupo de música de cámara. 


Terá lugar a partir das 18 da tarde, nunha xornada na que tamén se conmemora o Día Internacional da Música. Os alumnos dos graos elemental e profesional do centro asistirán ao concerto. 

Te puede interesar