ENTREVISTA

Rafael Laso: "Carlos Casares dicía que non se pode ler unha novela cun dicionario na man"

Rafael Lasos
photo_camera Rafael Laso Lorenzo.

O escritor limiao Rafael Laso homenaxea a Carlos Casares na súa última obra: "Lolo en bici e Carlos na moto", unha biografía para nenos sobre o autor ourensán ao que este ano se lle adica do Día das Letras Galegas.

Laso, enxeñeiro e autor de obras como "Unha vida de ra" ou "Un mundo que non é", presentou recentemente o conto na Casa da Cultura de Xinzo. Lolo, un dos personaxes da obra de Casares "Lolo anda en bicicleta", acompaña en bici ao escritor, que vai en moto, e aproveita para indagar sobre aspectos da súa vida.  

O conto se centra na nenez de Carlos Casares ou abrangue toda a súa vida?

Transcorre dende a súa nenez ata que morre. Está escrito en forma de conto. Carlos cóntalle a Lolo toda a súa vida dunha maneira peculiar, porque o cativo lle vai facendo preguntas. 

Onde se aprecia que é un conto para rapaces? No estilo da escritura? 

Está escrito cunha linguaxe sinxela e simple. É doado de ler. Ten que ser así forzosamente para que os rapaces o entendan. A idea foi pensada para que os pais e os avós poidesen ler o libro aos seus fillos e aos seus netos. 

Como xurdiu a idea de facer este libro?

Eu xa fixera outras biografías máis ben para adultos. Para rapaces non había moitos escritos sobre a figura de Carlos Casares, entón pensei que sería unha boa idea sacar algo para nenos en forma de conto. Unha das grandes facetas literarias de Carlos eran os seus libros para o público infantil. 

Como influiu a figura de Carlos Casares na súa faceta como escritor?

Resúltame complexo xulgarme a min mesmo, penso que é traballo dos lectores. Aínda así, creo que me influiu á hora de esforzarme en conseguir unha linguaxe sinxela nos meus escritos e en manter a pureza do galego, en facelo accesible. Carlos dicía que non se pode ler unha novela cun diccionario na man. 

¿Por qué motivo animaría ao público a ler esta obra?

Por que presenta unha visión de Carlos completamente diferente, natural e normal. Cóntanse anéctodas da súa vida en boca del mesmo, como que caíu dun burro, como que tiña medo a algunhas cousas ou trasnadas que facía de rapaz. 

Qué presenza ten Xinzo no conto?

O paseo é pola Carreira da Roda que hoxe é unha rúa pero que antes era un camiño que ía dende o cruce da carretera xeral ata estrada de Celanova. 

Te puede interesar