emprego

Rairiz contratará a duas persoas para servizos e tempo libre

No que atinxe ao monitor de tempo libre, a contratación será efectiva durante os meses de agosto e setembro, de luns a domingo

Rairiz de Veiga ampliará de xeito temporal a súa plantilla de traballadores coa incorporación de dous operarios "de servizos varios" e un monitor de ocio e de tempo libre. No que respecta aos primeiros, o Consistorio ofrecerá un contrato temporal de tres meses a xornada completa de luns a domingo. A selección farase mediante "concurso de méritos". 

No que atinxe ao monitor de tempo libre, a contratación será efectiva durante os meses de agosto e setembro, de luns a domingo. Entre as funcións deste profesional estará a realización dun "teatriño" e a confección de monicreques para a representación do combate entre mouros e cristiáns que se celebra coa Romería da Saínza, ademais doutras actividades de animacións. As solicitudes poderanse presentar no rexistro do Concello durante esta semana.

Te puede interesar