Rairiz mellorará viais rurais con 46.000 euros

González lembrou que a primeira fase do Plan extraordinario de recuperación de camiños da Limia estivo dotada cun orzamento total de 600.000 euros. Agora, cunha nova doutros 550.000 euros, procederase á reparación de viais rurais tanto en Rairiz, como noutros puntos da comarca. 

O Concello de Rairiz de Veiga -especialmente os agricultores e gandeiros da zona- verá reparados, nos vindeiros meses, dous camiños rurais no marco do Plan extraordinario de recuperación de camiños da Limia promovido pola Xunta de Galicia.

No caso deste termo municipal, o investimento -de parte da Consellería de Medio Rural que dirixe José González- chegará aos 46.000 euros e permitirá realizar un bacheo e posterior dobre tratamento asfáltico. Do mesmo xeito, levarase a cabo a limpeza de canos transversais, a aportación de pedraplén e a colocación de sinalización vertical. 

O obxectivo final desta intervención é mellorar considerablemente os camiños que son frecuentados polos agricultores e gandeiros da zona para facilitarlles o seu traballo diario. 

A alcaldesa de Rairiz de Veiga, Asunción Morgade, e o conselleiro de Medio Rural, José González, mantiveron unha xuntanza de traballo na que abordaron este e outros temas de interese para o rural galego, en xeral, e para a localidade da Comarca da Limia, en particular. 

González lembrou que a primeira fase do Plan extraordinario de recuperación de camiños da Limia estivo dotada cun orzamento total de 600.000 euros. Agora, cunha nova doutros 550.000 euros, procederase á reparación de viais rurais tanto en Rairiz, como noutros puntos da comarca. 

17 NÚCLEOS REPARADOS

O conselleiro de Medio Rural informou a Morgade de que serán 17 os quilómetros que se repararán, os cales pertencen a un total de 12 camiños que discorren polos concellos limiaos de Baltar, Calvos de Randín, Porqueira, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Xinzo de Limia e a mencionada localidade de Rairiz de Veiga.

Te puede interesar