A LIMIA

Rairiz de Veiga sube o soldo da alcaldesa e o gasto en persoal

RAIRIZ DE VEIGA (CASA DO CONCELLO). 05/04/2018. OURENSE. Pleno ordinario que entre otros puntos lleva a debate los presupuestos del concello de Rairiz de Veiga que finalmente se aprueban.
FOTO: ÓSCAR PINAL

Pleno: Mari Carmen Prieto Ferreiro (PP), Flores Pérez (PP), Juan Manuel Gómez Gómez (PP), Josefa Asunción Morgade Rúa (alcaldesa), Manola (secretaria en funciones), Pablo Lorenzo (PSOE), Juan Manuel Fernández, Manuel Ferreiro Fernández y José Antonio Fernández González.
photo_camera Pleno ordinario que entre otros puntos lleva a debate los presupuestos del concello.

O orzamento aprobado é de 1.161.000 euros e incrementa en máis 143.000 euros as retribucións 

O Concello de Rairiz de Veiga acolleu onte a celebración dun pleno ordinario no que o punto máis importante da orde do día foi a aprobación do orzamento xeral para o presente 2018. O municipio funcionará cunha cantidade de 1.161.209,84 euros, que contempla unha suba do 1 por cento para a rexedora local, Asunción Morgade, e unha das súas concelleiras.

Deste xeito, a primeira edil de Rairiz de Veiga percibirá anualmente un salario de 24.240,16 euros pola súa dedicación ao Consistorio e, a concelleira, 8.079,96 euros. Este incremento foi criticado polo portavoz socialista, Pablo Lorenzo, quen censurou que a suba total -320 euros- é máis do que se adica ao mantemento da biblioteca, ao pago dos seguros de incendios ou ao centro de promoción turística. Morgade, pola súa banda, fundamentou esta suba no incremento do IPC. "É o que se lle subiu ao resto dos funcionarios", dixo a alcaldesa. "Á biblioteca agora mesmo non lle fan falta libros xa que mercaron varios cunha das subvencións da Xunta, está funcionando ben e é unha das máis grandes de toda a comarca", engadiu.

O portavoz socialista, Pablo Lorenzo dixo sobre isto que "os pensionistas, por exemplo, soamente tiveron unha suba do 0,25 por cento nos seus salarios polo IPC". O edil socialista, respaldado polos dous concelleiros "díscolos" do Partido Popular, queixouse asimesmo do incremento dos gastos no capítulo de persoal e a diminución das inversións. Neste senso, a partida adicada a traballadores e funcionarios subirá en 143.282 euros con respecto a 2017, o que supón o 58 por cento do orzamento. No que atinxe aos investimentos pasarán de 190.829 euros a algo máis de 184.000 euros. "O gasto en persoal ascenderá pola subvención de empregabilidade que percibiremos da Deputación", matizou a rexedora popular. "É unha subvención que xa está confirmada. O persoal fixo é o que é, non hai máis", engadiu.

Finalmente o orzamento elaborado polo goberno local foi aprobado por catro votos a favor, dous en contra e dúas abstencións dos "díscolos" do Partido Popular.

Te puede interesar