MEMORIA HISTÓRICA

Randín honra ao pobo de Tourém

photo_camera Momento da homenaxe ao pobo luso de Tourém.

Veciños galegos e lusos recordaron onte os duros anos da Guerra Civil con motivo do acto de agradecemento que, o Concello de Calvos de Randín e a Fundación Lois Peña, organizaron ao pobo de Tourém pola axuda prestada aos centos de republicanos perseguidos polos militares.

 O acto, no que se colocou un monumento de Manolo Seoane, enmarcouse no roteiro "Vieiros da Memoria" de Luis Soto, quen tamén estivo escondido alí. 

Te puede interesar