DÍA DE GALICIA

Os rapaces protagonizan o Día de Galicia en Xinzo

O evento estivo presidido polo alcalde de Xinzo, Antonio Pérez Rodríguez, concelleiros do grupo de goberno e tamén das formacións da oposición municipal.

 Do mesmo xeito que noutros moitos concellos da  comunidade galega, Xinzo de Limia quixo conmemorar o día grande de Galicia cun acto especial na praza Maior da vila, promovido polo Concello da capital comarcal e que comezou pasadas as 20,30 horas da tarde. O evento estivo presidido polo alcalde de Xinzo, Antonio Pérez Rodríguez, concelleiros do grupo de goberno e tamén das formacións da oposición municipal.

 A xornada festiva en Xinzo, estivo marcada pola presenza do sol e por unhas temperaturas agradables, que permitiron que fosen moitos os limiaos que se achegasen a presenciar este acto conmemorativo. 

Un cuarteto da Escola Municipal de Gaitas foi o encargado de interpretar o Himno Galego e a sintonía do Antigo Reino de Galicia. As nenas gañadoras do Segundo Certame Literario Carlos Casares, promovido polo Museo da Limia, xunto co Centro de Cultura Popular do Limia, a Fundación Carlos Casares e o Concello de Xinzo, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, foron as encargadas de recitar uns textos en galego do escritor limiao , Carlos Casares. 

Te puede interesar