FORMACIÓN

Remata en Xinzo o curso de xestión de residuos da gandeiría

O acto estivo presidido por José Balseiros (no centro).
photo_camera O acto estivo presidido por José Balseiros (no centro).
O obradoiro forma parte do Plan Estratéxico para A Limia que está a desenvolver a Consellería de Medio Rural co obxectivo de profesionalizar ambos sectores. 

Logo de varias semanas de formación, o curso de xestión de residuos do sector gandeiro e tamén agrario chegou á súa fin cun grande éxito de participación -160 alumnos- e 27 horas lectivas. O obradoiro forma parte do Plan Estratéxico para A Limia que está a desenvolver a Consellería de Medio Rural co obxectivo de profesionalizar ambos sectores. 

A mesa redonda celebrada este mércores, "As explotacións medioambientalmente sostibles e a distribución e venda de produtos", serviu como broche de ouro a varias xornadas de aprendizaxe que se iniciaron o pasado 28 de novembro. 

Ao acto de clausura asistiu o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, quen subliñou que o que se procura é empregar dita formación como vía para optimizar a xestión das explotacións de agricultores e gandeiros co fin de que a Limia sexa referente de compatibilidade entre unha xestión ambiental adecuada e uns bos resultados económicos. O Plan Estratéxico para A Limia estará redactado en verán do 2020.

Te puede interesar