A residencia de Porqueira, lista de cara a final de ano

DSC_0452
photo_camera A conselleira estivo acompañada polo delegado territorial, Gabriel Alén, e a rexedora de Porqueira, Susana Vázquez.
A ampliación permitirá que o centro amplíe as súas prazas ata ás 46

A ampliación da residencia de Porqueira, iniciada a comezos deste 2021 e logo de que a pandemia retrasara o inicio das obras, estará rematada antes de que finalice o ano. Así o anunciou a conselleira de Política Social, Fabiola García, na súa visita, xunto ao delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; a esta localidade da comarca limiá. O departamento que dirixe colabora con esta actuación cunha achega de 300.000 euros -a Deputación de Ourense aporta outro tanto e o Concello de Porqueira tamén financia parte da obra, segundo subliñou a súa rexedora, Susana Vázquez-. 

A conselleira asegurou este mércores que a cooperación institucional permitirá duplicar a capacidade da residencia de Porqueira, ao pasar de 24 a 46 prazas. "Trátase dun traballo colectivo que persegue o noso obxectivo común: ofrecer aos cidadáns o maior número de servizos e da mellor calidade",  apuntou Fabiola García. 

Asimesmo, a conselleira lembrou que os usuarios desta residencia tamén están volvendo á normalidade ao poder saír a dar paseos e recibir ata tres visitas semanais por dúas persoas de referencia.

Te puede interesar