Servizos

A residencia de Porqueira ofertará 25 prazas adicionais

A consellería de Política Social investirá 300.000 euros nas obras de ampliación do servizo aos maiores

A residencia de maiores de Porqueira poderá facer realidade a súa anhelada ampliación grazas a un investimento de 300.000 euros por parte da Xunta de Galicia. A conselleira de Política Social, Fabiola García, ratificou onte esta nova axuda na súa visita ao municipio da comarca da Limia, onde estivo acompañada pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira. 

A representante autonómica asegurou que as obras que se realizarán, permitirán duplicar a capacidade do servizo, que pasará de ofertar 21 prazas a 46. Trátase dun un aumento na atención as persoas maiores do que se poderán beneficiar os veciños de Porqueira e dos concellos limítrofes. Ademais, a conselleira destacou que o Goberno galego está impulsando unha serie de programas e iniciativas para permitirlle ós galegos de máis idade decidir onde queren pasar esta etapa das súas vidas.

Por outra banda, a titular de Política Social fixo fincapé no incremento en máis dun 42 por cento nas prazas públicas en residencias, ata superar as 8.000 da actualidade; así como no aumento das prazas en centro de día que se sitúan a día de hoxe en máis de 3.300. Así mesmo, lembrou que o Executivo autonómico xa ten acadado o obxectivo dos 61.000 dependentes atendidos marcado para esta lexislatura. Por esta razón, a conselleira recalcou que a nova meta é chegar aos 65.000 dependentes.

Te puede interesar