Un roteiro literario percorrerá lugares da comarca que están vinculados con Casares

"Na Limia están as claves da obra narrativa de Casares xa que aquí viviu os seus momentos máis trascendentais"

n n n Os autores, investigadores e creadores que asistirán ao Encontro de Escritores Limiaos no Museo da Limia,o vindeiro 29 de abril, participarán nun roteiro literario polas localidades de Xinzo, Sabucedo, Lamas e Trandeiras. O obxectivo é coñecer os lugares vivenciais de Carlos Casares na comarca de A Limia que se viron reflexados en multitude das súas obras literarias.  

Segundo sinala Delfín Caseiro, membro do Padroado do Museo da Limia e representante da Fundación Carlos Casares, "nesta comarca están as claves da obra narrativa do autor ourensán xa que foi na Limia onde viviu os seus momentos máis trascendentais da infancia, da adolescencia e da xuventude". Deste xeito, en Sabucedo visitarase a casa na que Casares pasaba tempadas cos seus tíos, en Lamas os participantes coñecerán o fogar dos avós paternos do escritor e en Trandeiras, onde Casares ambientou un dos seus contos, poderán contemplar unha das pezas arquitectónicas "máis fermosas da Limia". 

Para poder asistir a esta actividade precísase unha inscripción previa que se poderá realizar chamando por teléfono á Casa da Cultura de Xinzo ou ao Museo da Limia. 

O acto, promovido pola Fundación Carlos Casares, o Centro de Cultura Popular do Limia e o propio Museo da Limia, forma parte dunha xornada na que 20 escritores da comarca, entre os que se atopan Chus Pato, Antón Riveiro Coello ou Xabier Xil Xardón, poñerán en valor a obra e a figura de Carlos Casares mediante unha serie de comunicacións que se publicarán na revista Lethes. 

Te puede interesar