PLENO

O salón de plenos de Xinzo mellorará a accesibilidade

img_20170310_133350_result
photo_camera Imaxe da última sesión plenaria que tivo lugar en Xinzo.

Cambiaránse as bancadas que ocupan os concelleiros, mellorarase a iluminación e o sistema de megafonía

Ao longo do día de hoxe iniciaránse as obras de mellora do equipamento do salón de plenos da casa do Concello de Xinzo. A nova coñeceuse durante o último pleno ordinario celebrado no Consistorio e a obra foi adxudicada durante a pasada semana. 

O proxecto comprende varias reformas vencelladas á accesibilidade ao interior do espazo, así como a renovación do sistema de megafonía. Por outra banda, cambiaránse as bancadas que ocupan os concelleiros durante os actos plenarios e a súa distribución co obxectivo de que ésta sexa "máis acorde e funcional" segundo sinalaron fontes municipais. 

Dende o goberno local pretenden que as obras queden completamente rematadas no prazo dun mes e medio, xa que o vindeiro día 17 de maio terá lugar en Xinzo o acto central do Día das Letras Galegas e queren que o novo salón "xa esté operativo". 

O Concello investirá unha partida de 31.000 euros (mais IVA),  procedentes dos seus fondos propios para abordar esta remodelación. Todas as melloras buscan a "comodidade" segundo fontes municipais, " non soamente para os plenos, se non tamén para calquera tipo de acto ou presentación que se faga no edificio administrativo". 

Recentemente acometéronse as obras de ampliación do arquivo municipal ubicado na planta baixa do Consistorio pola "necesidade", sinalan dende o goberno local, "de maior espazo para gardar a documentación" e de "facilitar o acceso á mesma, evitando desplazamentos a outros edificios municipais". 

Te puede interesar