EMPREGO

Sandiás abre a bolsa de emprego a unha auxiliar de axuda no fogar

A duración da bolsa será polo que resta de 2016, prorrogable por un ano máis

O Concello de Sandiás fixo unha convocatoria extraordinaria e urxente para formar parte da bolsa de emprego municipal para persoas que realicen o servizo de auxiliar de axuda no fogar, ao esgotarse o listaxe anterior debido ao aumento de horas asignadas pola Xunta. Esta bolsa de emprego incorpora nestes momentos a unha persoa, á que se sumará a que salga seleccionada con esta convocatoria

A duración da bolsa será polo que resta de 2016, prorrogable por un ano máis. O sistema de selección abordarase mediante un concurso de méritos e a modalidade de contratación será a de laboral temporal para obra ou servizo determinado.

No último ano e debido a aumento das horas asignado pola Xunta, o número de personas que atenden o servizo de axuda no fogar en Sandiás pasou de cinco a nove.n

Te puede interesar