Sandiás abre o proceso selectivo para contratar novos bombeiros

Estes profesionais serán contratados por tempadas

O Concello de Sandiás vén de publicar un bando informativo polo que comunica a todas as persoas interesadas en participar nun proceso de selección de bombeiros forestais conductores de motobomba (grupo IV categoría 033) e bombeiro forestal (grupo V, categoría 014), que poderán presentar no Concello limiao as súas solicitudes ata o vindeiro luns, día 15 de xaneiro. 

Cos inscritos neste proceso conformarase unha listaxe provisional para a contratación temporal destes profesionais por tempadas. Para máis información, as persoas interesadas poderán pasarse polas oficinas do Concello ou chamar ao teléfono 988 46 50 01. 

Te puede interesar