A Limia

Sandiás acollerá a quinta edición do seu ciclo anual de jazz

A Limia

A LIMIA

Sandiás acollerá a quinta edición do seu ciclo anual de jazz

Os encargados de inaugurar esta nova entrega serán os compoñentes da formación Sumrrá

Os responsables da Corte dos Bois, responsables de dinamizar a vida cultural e musical no núcleo de Santa Ana, en Sandiás, celebrarán durante o vindeiro mes de abril a quinta edición do seu ciclo de jazz. 

Os encargados de inaugurar esta nova entrega serán os compoñentes da formación Sumrrá -composta por Xacobe M. Antelo, Manuel Gutiérrez e Lar Legido- que chegarán á localidade o sábado, día 6 de abril, ás 21,00 horas. 

O sábado 20 de abril, a partir das 21,00 horas, será a quenda de Jorge Pardo Cuarteto, con Jorge Pardo, Ton Risco, Joan Massana e Dani Domínguez. Xa o sábado, ás 21,00 horas, será Virxilio da Silva Cuarteto quen poña o broche final ao ciclo, coa participación de Virxilio Da Silva, Javi GD Jazz, Yudit Almeida e Max Gómez. As entradas serán gratuítas, salvo no segundo concerto, que terán un prezo de 10 euros.

Te puede interesar
Más en A Limia