A LIMIA

Sandiás contará con un auxiliar para atender la Casa da Lagoa

Todas as persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes ao longo desta semana no rexistro xeral do Concello 

O Concello de Sandiás contará durante o periodo estival cun profesional cualificado que se encargue da xestión da Biblioteca Municipal, así como do Centro de interpretación Casa da Lagoa, a mostra na que se pode coñecer a historia da mítica lagoa antelana. O auxiliar poderá acceder a un contrato laboral temporal por obra ou servizo determinado e a tempo completo.

Todas as persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes ao longo desta semana no rexistro xeral do Concello de Sandiás en horario de 09,00 horas a 14,30 horas.

Para coñecer as bases de selección, que acaban de ser aprobadas, será necesario acudir ao taboleiro de anuncios do Consistorio -ubicado nas oficinas municipais-. Tamén será posible coñecelas na sede electrónica -sandias.sedelectronica.gal- e na páxina web do Concello www.sandias.es.

Te puede interesar