emprego

Sandiás contratará dous novos peóns de mantemento

Para esta contratación, a administración local de Sandiás percibiu unha subvención de 13.500 euros

O Concello de Sandiás ven de publicar as bases para a contratación de dous peóns de mantemento para os vindeiros nove meses. A oferta de emprego está enmarcada dentro do programa Aprol Rural 2017, promovido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria en colaboración coas distintas entidades locais, e dirixido a persoas en risco de exclusión social. Para esta contratación, a administración local de Sandiás percibiu unha subvención de 13.500 euros. 

Todas as persoas que desexen participar no proceso de selección deberán dirixirse ás oficinas do Concello e cumprir unha serie de requisitos, entre eles, ser maior de 16 anos e atoparse en situación de desemprego ademais de estar inscritas no Servizo Público de Emprego. Terán prioridade os menores de 30 anos, parados de longa duración ou con discapacidade. 

Te puede interesar