educación

Sandiás educará aos nenos na igualdade para frear a violencia

A actividade busca sensibilizar e informar en materia de igualdade e prevención de violencia

O Concello de Sandiás ofrecerá, a partir do vindeiro luns, día 19 de agosto, e en colaboración coa Xunta e o Goberno central, unha serie de actividades de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia. 

A xornada inaugural será no colexio público de Sandiás. Comezará ás 09,00 horas da mañá e se prolongará ata ás 14,00 horas. A partir de ese momento, e de luns a venres, os cativos e xóvenes poderán asistir a xogos con música, de distensión, populares ou predeportivos. Tamén poderán acceder, de xeito totalmente gratuíto, a manualidades, contacontos, actividades musicais e participar en rutas por varios lugares dos pobos. 

Todos os interesados terán que anotarse nas oficinas do Concello de Sandiás ou chamar por teléfono ao 988 46 50 01 en horario de oficina para poder obter máis información sobre estas xornadas.

Te puede interesar