Sandiás levará a cabo seis reformas “menores"

Estas medidas pretenden mellorar a calidade de vida dos habitantes.

O Concello de Sandiás informou esta semana de que se están levando a cabo seis intervencións distintas que redundarán na mellora da calidade de vida neste municipio

Por unha banda, estanse instalando novas papeleiras en diferentes puntos estratéxicos para mellorar a calidade ambiental, ademais da "impermeabilización" das bancadas en Sandiás. 

Por outra parte, nestes días estase acometendo a instalación dunha rede nova de saneamento para unha vivenda social no termo das Pegas e que conta cun orzamento de 7.199,50 euros. Nesta liña tamén se está arranxando o saneamento na aldea de Santa Ana para evitar que as augas pluviais entren na fosa séptica. O orzamento neste caso é de 3.206,50 euros. 

No termo de As Pegas se está acometendo o amoblado da vivenda social cunha contía total de 8.000 euros. 

Por último estanse limpando as sinais de camiños e estradas secundarias do Concello.

Te puede interesar