A Limia

Sandiás pon en marcha un novo servizo de bus en A Chousela

A Limia

transporte

Sandiás pon en marcha un novo servizo de bus en A Chousela

Para poder empregar este transporte e segundo explicaron dende o o propio Concello, haberá que chamar ao teléfono 988 687 800 de luns a venres, de 08,00 horas a 20,00 horas e, como máximo, ata as 20,00 horas do día anterior

O Concello de Sandiás segue traballando na recuperación de servizos de autobús nos distintos núcleos de poboación.Neste senso e, a partir do vindeiro 28 de maio, haberá unha nova parada no pobo de A Chousela con funcionamento todos os días laborais. 

Para poder empregar este transporte e segundo explicaron dende o o propio Concello, haberá que chamar ao teléfono 988 687 800 de luns a venres, de 08,00 horas a 20,00 horas e, como máximo, ata as 20,00 horas do día anterior. 

Nunha única chamada será posible reservar varias prazas no autobús ou diversos viaxes para cada 15 días. Deberase facilitar o Documento Nacional de Identidade para poder demandar este servizo, e se recibirá un localizador.