INFRAESTRUCTURAS

Sandiás reclama o arranxo da pista de Piñeira ao canal

<p></p>
photo_camera Aspecto que presenta un dos tramos da pista de Piñeira.

As obras están contempladas nun convenio asinado con Medio Rural

Os veciños dos concello limián de Sandiás están preocupados polo retraso no inicio das obras para arranxar a pista que vai desde a localidade de Piñeira ata o canal da Lagoa, un proxecto para o que o Concello xa asinou no seu momento un convenio coa Consellería de Medio Rural.

Ao estar preto a época da colleira de patacas, o manifesto deterioro dos vaiais dificulta o acceso dos camións a moitos terreos. Segundo sinala o alcalde de Sandiás, Felipe Traveso, "o convenio xa está asinado e a partida orzamentaria está determinada, pero aínda non comezaron os traballos". O rexidor confía en que as obras comecen en breve, aínda que tema "que se demoren ata despois das eleccións autonómicas, porque logo o retraso pode ser aínda maior".

A estrada onde se realizarán as actuacións afecta ás aldeas de Chousela, Corga, Zadagós e Lavandeira, pertencentes toda elas á parroquia de Piñeira de Arcos.

"Faltan uns trámites burocráticos. Estiven falando co xefe sectorial de Medio Rural, Iago Borrajo, que me dixo que non contan con demorarse máis dun par de semana", comenta o alcalde de Sandiás, Felipe Traveso. A partida orzamentaria que está contemplada para a execución destas obras de mellora da estrada ascende a de 18.000 euros, que foron concedidos logo de acollerse o consistorio ao plande emerxencia que a Consellería puxo en marcha despois das intensas choivas que se rexistraron na pasada primavera.

Hoxe estanse arranxando xa varias pistas no término municipal e o Concello conta con "a final de ano e dependendo do remanente que haxe, acomete varias actuacións máis.

Te puede interesar