A Limia

Sandiás, Sarreaus e Trasmiras mellorarán os terreos agrícolas

A Limia

ECOAGRO

Sandiás, Sarreaus e Trasmiras mellorarán os terreos agrícolas

O conselleiro de Medio Rural reuniuse cos tres rexedores locais para tratar a xestión do agro

O conselleiro de Medio Rural, José González, mantivo esta semana varios encontros de traballo cos rexedores de Sandiás, Sarreaus e Trasmiras co obxectivo de avanzar nas melloras que teñen que ver coa xestión do agro mediante as reestruturacións parcelarias ou unhas infraestruturas rurais renovadas, e tamén coa Lei de recuperación e posta en valor da terra agraria de Galicia e a regulación das dexeccións gandeiras. Felipe Traveso, Gumersindo Lamas e Emilio Pazos, respectivamente, puxeron enriba da mesa, do mesmo xeito, as necesidades dos seus respectivos concellos neste senso. 

José González aproveitou, pola súa banda, para informar aos alcaldes limiaos do contido e pormenores da futura lexislación que se está a elaborar para a materia agrogandeira. Nestes encontros tamén participou o director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois. 

A Xunta investiu 39.000 euros en Sarreaus e 36.000 en Trasmiras para arranxar diversos camiños municipais

No caso concreto de Trasmiras, os representantes institucionais abordaron a situación das parcelarias que afectan ás parroquias de Escornabois, Chamusiños e Trasmiras. No tocante a estes municipios, tamén se falou durante o encontro da mellora de camiños rurais. Ao abeiro do Plan marco, a Consellería do Medio Rural investiu no concello de Sarreaus case 39.000 euros para arranxar os seus camiños municipais entre os anos 2018 e 2019, mentres Trasmiras recibiu para a mesma finalidade máis de 36.000 euros.

Na xuntanza celebrada entre a Consellería de Medio Rural e os dous rexedores ourensáns tamén se avaliou o tratamento dos xurros, no contexto da futura lei que regulará esta cuestión e na que está a traballar a Xunta de Galicia.

Durante a mañá deste mércores, José González e Miguel Pérez Dubois tamén se reuniron con Felipe Traveso, rexedor de Sandiás. 

Neste caso, falouse da mellora dos servizos e infraestruturas do agro para mellorar a mobilidade dos veciños, así como do tratamento dos xurros no marco da norma que está a preparar a Xunta para regular as dexeccións gandeiras. Tamén se avaliaron as distintas posibilidades que ofrecerá a futura Lei de recuperación e posta en valor da terra agraria para a xestión do medio rural de Sandiás.

Más en A Limia

A Limia

Unha festa pasada por auga

Naquel ano de 1964 había unha das cheas máis grandes que recordo na vila. A auga chegaba á rúa San Roque