Sandiás volve a abrir o Pazo do Telleyro ó público

2020071022265422032
photo_camera Fachada do Pazo do Telleyro. (Foto: Javier Torres).
A cita será o vindeiro o sábado, día 10 de Xullo de 2021, e terá lugar en tres tramos horarios. 

Sandiás abriu o ano pasado ao público e por primeira vez unha das súas xoias arquitectónicas e patrimoniais: o Pazo do Telleyro, con máis de tres séculos de vida. Logo do éxito daquela primeira edición da apertura, na que se celebraron varias visitas guiadas, este verán haberá unha nova oportunidade para descubrir a súa historia e o seu interior da man de Claudia Gómez Cabrera, graduada en Historia do Arte e Máster en Estudos Avanzados de Museoloxía e Patrimonio Histórico Artístico. 

A cita será o vindeiro o sábado, día 10 de Xullo de 2021, e terá lugar en tres tramos horarios ou sesións ás que se accederá por orde de inscrición -quedarán rexistradas en riguroso orde de chamada ao teléfono do concello de Sandiás (988 46 50 01). Tamén se poderá solicitar máis información no enderezo web www.sandias.es-. 

A primeira sesión celebrarase entre as 10,00 horas e as 12,00 horas; a segunda sesión, entre 17,00 horas e as 19,00 horas e a terceira sesión, entre 19,00 horas e as 21,00 horas. Cada unha das sesións terá un aforo limitado de entre 10 e 12 persoas e será necesario respetar os protocolos anticovid. Neste senso, o Concello de Sandiás proporcionará tamén mascariñas de protección. 

Esta iniciativa que, segundo explicaron dende o Concello de Sandiás, será gratuíta para os participantes; enmárcase dentro de “Cultura no Verán” e, tal e como informaron os organizadores, trátase dunha boa oportunidade “para descubrir a fidalguía e a cultura palaciana no rural ourensán. O Pazo é un dos máis belos e con máis carácter da comarca da Limia Alta. Emplazado ao carón do Camiño Real, base do Camiño de Santiago de peregrinación, ten máis de tres séculos de historia”.

Te puede interesar