O sanitario José Gil recibirá a medalla de Xinzo de Limia

undefined
photo_camera José Gil Paz.
Gil Paz naceu no pobo de Solveira, en 1921, e pasou a súa infancia neste lugar. Rematados os seus estudos, con 25 anos, obtivo o título de practicante autorizado para a atención de partos pola Universidade de Valladolid.

José Gil Paz, practicante de Xinzo de Limia, recibirá a medalla do Concello a título póstumo. O expediente de honra, no que se destaca o seu esforzo “por chegar a todos os pobos para atender aos seus pacientes a pé, en moto ou bicicleta”, tratarase na sesión plenaria que se celebrará hoxe na vila limiá. 

Gil Paz naceu no pobo de Solveira, en 1921, e pasou a súa infancia neste lugar. Rematados os seus estudos, con 25 anos, obtivo o título de practicante autorizado para a atención de partos pola Universidade de Valladolid. O sanitario pasou os anos atendendo aos pacientes, poñendo vacinas e os tratamentos que prescribían os médicos. Nese tempo, seguiu formándose para obter o título de practicante de asistencia pública e pasou a percibir un soldo anual de 1.500 pesetas.

No ano 1950, o practicante contraeu matrimonio con Elisa Rodríguez, orixinaria de Pena, en Xinzo de Limia. Ela tamén se formou para recibir o título de matrona pola Universidade de Santiago e desempeñou a súa labor no mesmo Concello. 

A homenaxe ao sanitario limiao pretende recoñecer o seu labor para “mellorar a saúde da nosa xente

Te puede interesar