AXUDAS

Sarreaus oferta 8.076 horas de axuda no fogar á dependencia

Unha cifra que representa unha ratio de cobertura do 100%

O Concello de Sarreaus oferta un total de 8.076 horas de atención do Servizo de Axuda no Fogar á Dependencia, unha cifra que representa unha ratio de cobertura do 100%. Así se puxo de manifesto na reunión que mantivo onte o alcalde de Sarreaus, Gumersindo Lamas Alvar, co conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela.

Na reunión, celebrada no despacho do conselleiro en  Santiago, os dous mandatarios abordaron temas de índole social do Concello e afondaron na cooperación entre ambas institucións co obxectivo de incrementar os contactos, de cara a optimizar os recursos para mellorar a calidade de vida da poboación.

Te puede interesar