A LIMIA

Sarreaus terá a súa primeira casa niño en Lodoselo

casa niño sarreaus
photo_camera As obras de acondicionamento xa remataron e falta o visto bo de Política Social.

O centro de inclusión contará con este novo espazo onde interactuarán maiores e pequenos

A Xunta de Galicia concedeu aos responsables do Centro de Inclusión de Lodoselo -o Centro de Desenvolvemento Rural O Viso- o acondicionamento dunha casa niño neste inmoble. Será o primeiro servizo destas características co que conte Sarreaus, e entrará en funcionamento nas vindeiras semanas. 

Aínda que serán dous centros independentes -a Administración Autonómica esixiu, de feito, dúas entradas independentes- os traballadores do CDR agardan conseguir un enriquecemento pedagóxico para maiores e pequenos. 

Nestes días rematou a execución das obras, e dende o CDR enviaronse as fotografías e a documentación pertinente das diferentes adaptacións que se fixeron neste espacio anexo ao Centro de Inclusión. Resta agora que o departamento de Inspección de Política Social aprobe a posta en marcha do servizo infantil, que atenderá a un máximo de cinco cativos. 

En total, investíronse na casa niño de Lodoselo 14.600 euros, que foron financiados pola Xunta de Galicia e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural.

Te puede interesar