medio ambiente

O Servizo de Montes eliminou en Sandiás brotes de eucalipto

Dende Medio Rural explicaron que a zona da tala non pertence á ZEPA da Limia, senon que se atopa na periferia

O xefe do Servizo de Montes, Antonio Gómez, explicou os pormenores da tala de eucaliptal en dúas parcelas propiedade da Xunta no termo de Sandiás, logo de que o representante da Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza, Gonzalo Blanco, pedise información neste senso. 

Dende Medio Rural explicaron que a zona da tala non pertence á ZEPA da Limia, senon que se atopa na periferia. Ademais aseguran que "coa actual clasificación urbanística do solo en ambas parcelas, a aplicación da Lei de montes impediría na actualidade a súa repoboación con calquera especie arbórea". 

Por outra banda, matizaron que os traballos realizados consistiron na corta de brotes de eucalipto en aproximadamente 1.500 tocos procedentes do anterior aproveitamento que tivo lugar hai catro anos e posterior limpeza de mato e restos de corta, que foron triturados.

Te puede interesar