A LIMIA

O sindicato labrego foi excluído da mesa da Limia

O Sindicato Labrego Galego criticou a súa "exclusión" da mesa  celebrada na Limia sobre o regadío e a xestión de residuos.

Dende o Sindicato Labrego Galego seguran que "non saen do seu asombro" logo de saber, a través dos medios de comunicación, da xuntanza mantida entre o director xeral de Gandaría, Agricultura, e Industrias Agroalimentarias, José Balseiro, e diversos colectivos e asociacións da Limia para tratar cuestións como o regadío ou a xestión dos refugallos gandeiros na comarca. 

Apuntan a que Balseiro ignorou aos "únicos representantes" lexítimos dos labregos e que concorreron ás últimas eleccións do sector celebradas en Galicia en 2002 e quedando como a forza máis votada de Xinzo de Limia co 43,5 por cento dos votos.

Te puede interesar