SERVICIOS

Os socialistas de Xinzo reclaman melloras nas instalacións da Moreira

Os socialistas instan ao ente local a acometer unha mellora urxente en materia de limpeza e hixiene dos aseos e vestiarios destas instalacións

Elvira Lama, portavoz do grupo municipal socialista de Xinzo, rexistrou o pasado 2 de febreiro unha moción na que se solicita ao Concello que realice diversas melloras nas instalacións deportivas da Moreira, especialmente no campo de fúbol.

Os socialistas instan ao ente local a acometer unha mellora urxente en materia de limpeza e hixiene dos aseos e vestiarios destas instalacións, xa que teñen constancia de queixas sobre o seu estado por parte dos rapaces de Xinzo e dos visitantes. 

Os socialistas reclaman que se melloren os accesos ás inmediacións das instalacións deportivas xa que, segundo destaca a súa portavoz, "estas pistas están cheas de fochancas que ameazan con estragar algún vehículo e polas que hai que circular con moita precaución esquivando os buracos". 

Na moción presentada, tamén se solicita ao Concello que se estude a posibilidade de implantar un carril bici neste acceso.

Te puede interesar