NATUREZA

A Sociedade Galega de Historia Natural celebra o Día dos Humidais

Pola mañá visitarase unha parcela da zona de Trasmiras onde se están realizando traballos para a recuperación de varias especies como a ave fría

A sección Antela da Sociedade Galega de Historia Natural celebrará mañá sábado, 4 de febreiro, unha xornada de campo para mostrar as súas últimas actuacións con motivo do seu sexto aniversario e polo Día Mundial dos Humidais. O punto de encontro será a estación de servicio na saída de Abavides, ás 10,00 horas. 

Pola mañá visitarase unha parcela da zona de Trasmiras onde se están realizando traballos para a recuperación de varias especies como a ave fría. En Vilar de Barrio visitarase un terreo onde se está procedendo a retirar unha cantidade importante de residuos procedentes da concentración parcelaria. 

Pola tarde o grupo se achegará ata Sandiás, onde se está levando a cabo a restauración de zonas húmidas nalgunhas parcelas propiedade de Agader.

Te puede interesar