Talleres contra o deterioro cognitivo, no rural de Xinzo

Dende o Consistorio animan a todos os maiores de 64 anos a participar nesta iniciativa que redundará positivamente na súa calidade de vida

O Concello de Xinzo, en colaboración coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ourense, promoverá unha serie de obradoiros de memoria deseñados para loitar contra o deterioro cognitivo entre a poboación de maior idade no rural limiao. 

O proxecto, co que se pretende chegar a todos os pobos do concello, comezará mañá mesmo en Ganade, Xinzo, e estará dirixido a veciños e veciñas maiores de 64 anos. 

A actividade iniciarase a partir das 16,30 horas da tarde e contará coa participación de 25 persoas. 

A intención do executivo local é poder dar continuidade a estas actividades noutros locais sociais dos pobos de Xinzo de Limia que así o soliciten e, por este motivo, dende o Consistorio animan a todos os maiores de 64 anos a participar nesta iniciativa que redundará positivamente na súa calidade de vida: “A prevención do deterioro cognitivo é clave para os nosos veciños de máis idade. Trátase de obradoiros nos que se exercitará a memoria e que mellorarán o día a día dos asistentes”, precisou Alberto Martínez, conselleiro de Servizos Sociais na vila limiá. 

UN LAZO ENTRE ENTIDADES

Dende o Concello de Xinzo aseguran que a colaboración entre esta entidade local e Afaor, nada no ano 1995, vén de anos atrás e, por medio deste novo acordo, refórzase. A asociación ourensá é unha organización sen ánimo de lucro que ten como principal obxectivo mellorar a calidade de vida dos seus usuarios e apoiar a coidadores e familiares. Para cumprir con esta labor, Afaor conta cunha rede de colaboración formada por entidades públicas, privadas e os seus propios asociados. A intención é facilitar o día a día dos pacientes e dos seu entorno.

Te puede interesar