Tixós, en Baltar, mellorará a seguridade en catro meses

230822 Tixós Baltar 1
photo_camera Gabriel Alén, no centro, supervisa as obras.
Concretamente, estase a construír unha beirarrúa entre o punto quilométrico 12+630, enlazando coa beirarrúa existente da entrada do núcleo, ata o punto quilométrico 12+870

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, achegouse ata Baltar  -onde foi recibido polo rexedor, José Antonio Feijóo- para comprobar o estado das obras que se están a facer, en materia de seguridade, no termo de Tixós. A intervención, que conta cun investimento de 50.000 euros, ten un prazo de execución de catro meses. 

Concretamente, estase a construír unha beirarrúa entre o punto quilométrico 12+630, enlazando coa beirarrúa existente da entrada do núcleo, ata o punto quilométrico 12+870, onde finaliza no acceso a unha vivenda. A beirarrúa terá unha anchura de 1,60 metros. 

Nesta intervención tamén se están construindo muros de contención e, ao longo do tramo estase a instalar baixo a beirarrúa un colector de pluviais de PVC de 400 milímetros cos correspondentes sumidoiros e pozos para recoller a auga de escorrentía

Te puede interesar