Provincia

As tormentas causan lodos na auga da traída do termo de Arnuide

A captación de auga de Arnuide, no Concello de Vilar de Barrio, presenta problemas cando hai tormentas, crecidas ou traballos de maquinaria próximos que rematan por afectar á auga da traída, que baixa alodada. Neste senso, e lonxe de desentenderse desta cuestión, o goberno local informou sobre o estado deste reiterado contratempo mediante un bando municipal no que se especificou que xa se produciran contactos con Augas de Galicia para tratar de dar unha resposta á problemática. 

A solución definitiva pasaría por instalar uns filtros cun custe aproximado de 80.000 euros. Malia a falta de financiación alegada polo rexedor local, Manuel Conde, nestes intres, as brigadas municipais traballaron na sedimentación do depósito, previa á apertura das bocas de rego, e na limpeza das canalizacións, o que mermará o problema.

Te puede interesar