Cultura

Sandiás propón que a Biblioteca de Ourense se chame Antonio Tovar

Ourense. 23/12/2019. Apertura de la nueva biblioteca al público el primer día de funcionamiento.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Instalacións da nova biblioteca (Foto: Xesús Fariñas)

Unha iniciativa importante de cara á presentación da súa candidatura ao Día das Letras Galegas en 2021, con motivo do centenario do seu nacemento.

A Biblioteca Pública de Ourense continúa inmersa na búsqueda do seu nome. Os ourensáns teñen ata o vindeiro 3 de febreiro para presentar as súas propostas no concurso de ideas do que sairá o nome definitivo da nova biblioteca situada en San Francisco. A este concurso sumáronse os veciños da Limia, que propoñen que a biblioteca pase a chamarse Antonio Tovar, en homenaxe ao poeta limiao.

Neste senso, Agrelsan e o Partido Popular presentaron de forma conxunta unha moción para promover unha campaña para que a biblioteca ourensá teña o nome de Antonio Tovar. Unha iniciativa importante de cara á presentación da súa candidatura ao Día das Letras Galegas en 2021, con motivo do centenario do seu nacemento.

Antonio Tovar, natural de Rairiz de Veiga, está considerado como un dos poetas galegos máis relevantes da segunda metade do século XX, con obra tanto en galego como en castelán. Tovar foi veciño do barrio de San Francisco, ademais de estar moi ligado á cultura ourensá, chegando a doar unha colección de 3.500 libros á biblioteca pública da cidade.

Te puede interesar