A LIMIAlim

Veciños de Maus disporán dos terreos dende o día 15

rátase do último paso que a Consellería de Medio Rural tomará antes de chegar á firmeza do acordo

Os veciños da parroquia de San Pedro de Maus, en Vilar de Barrio, poderán dispoñer dos predios adxudicados a través da concentración parcelaria a partir do día 15 deste mesmo mes, segundo recollía onte o Diario Oficial de Galicia. Trátase do último paso que a Consellería de Medio Rural tomará antes de chegar á firmeza do acordo. Nese momento, considerarase pechada administrativamente a reestructuración das propiedades dos predios.

Con todo, os propietarios que teñan colleitas pendentes de recoller nas súas antigas terras de labradío ou arborado que pretendan retirar en parcelas que non estean clasificadas como monte alto, poderán proceder á súa recolleita antes do 1 de decembro deste ano. No caso de que o material pendente de retirada constitúa arborado, deberán contar co permiso pertinente do Servizo de Montes. O prazo para presentar alegacións contra esta resolución en Medio Rural comezará nun prazo de dous meses.

Te puede interesar