A LIMIA

Vecinos de Vilar de Santos aprenden a procesar textos

aula cemit vilar de santos
photo_camera As actividades celebraranse en horario de tarde na aula Cemit do concello.

A aula Cemit do municipio ofrece ao longo de toda esta semana tres cursos de escritura dixital 

A aula Cemit do Concello de Vilar de Santos ofrecerá unha ampla oferta formativa en novas tecnoloxías ao longo de toda a presente semana. As actividades comezaron este luns coa videoconferencia "Musicoterapia para mellorar o teu estado de ánimo. Recursos online gratuitos", que se desenvolveu dende as 17,00 horas ata as 18,30 horas. 

Estes martes e mércores a formación continuará co curso de ofimática "Procesador de textos: Libre Office Writter", que terá como obxectivo que os asistentes aprendan nocións básicas dun dos procesadores de textos máis empregados na actualidade. Prolongarase dende as 16,00 horas ata as 20,00 horas. 

Por último, o programa formativo completarase o xoves, día 28, e o venres, día 29, cunha serie de actividades coas que se explicará o funcionamento da folla de cálculo. O horario en ambos casos será de 16,00 horas a 20,00 horas. 

Para inscribirse nos cursos, para os que todavía quedan prazas dispoñibles, será necesario dirixirsea aula Cemit de Vilar de Santos no número 77 da rúa de Celanova, contactar coa organización do ciclo a través da páxina web cemit.xunta.gal ou ben enviar un correo electrónico ao enderezo [email protected] 

O obxectivo destes cursos organizados dende a rede Cemit, tal e como explican dende o Concello de Vilar de Santos, é "promover a alfabetización dixital da sociedade galega".

Esta rede pretende, asimesmo, "potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica empresarial", e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e "proporcionándolles os medios e ferramentas necesarias" para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

Te puede interesar