SAÚDE

Mañá remata o prazo para inscribirse na andaina de Rairiz

A proba arrancará ás 09,00 horas e terá dous posibles percorridos, un longo de 26 quilómetros de distancia e outro máis curto de 11

O prazo para inscribirse na terceira edición da andaina do Concello de Rairiz de Veiga "O Agarimo da Natureza" rematará mañá venres, 26 de maio e poderase realizar nas oficinas do Consistorio, a través do enderezo electrónico [email protected] ou chamando por teléfono ao número 988465552.

A actividade, que foi presentada polo deputado provincial de Deportes, Juan Anta e pola alcaldesa do municipio, Asunción Morgade, terá lugar este domingo, 28 de maio e percorrerá os lugares mais emblemáticos de Rairiz de Veiga.

A proba arrancará ás 09,00 horas e terá dous posibles percorridos, un longo de 26 quilómetros de distancia e outro máis curto de 11. Os camiños pasarán por lugares como A Saínza, onde se celebra cada ano a popular batalla entre mouros e cristiáns e onde está ubicada a carballa da Rocha, declarada Monumento Natural no ano 2006. 

Os dorsais entregaranse 20  minutos antes do inicio do evento no que non hai edade mínima de participación. 

Te puede interesar