melloras

Vilar de Barrio acomete melloras no centro do día

centro_de_dia_vilar_de_santos_result
photo_camera O centro de día de Vilar de Santos inaugurouse en 2008.

O sistema permitirá reducir as emisións de CO2 en 896 kg e proporcionará un aforro enerxético dun 40 por cento

Vilar de Santos investiu 17.000 euros nun proxecto de ampliación da instalación solar térmica no centro de día e vivenda comunitaria do concello. Este servizo para maiores púxose en marcha no ano 2008 e completouse coa vivenda comunitaria catro anos máis tarde. Tal e como sinalou o rexedor local, Xan Xardón, tempo despois da apertura do centro "detectáronse insuficiencias no sistema de enerxía solar térmica que cumpría subsanar, co obxectivo de adecuar as instalacións á tecnoloxía actual dispoñible e mellorar o equipamento". Concretamente, ampliouse a instalación solar térmica para a producción de auga quente sanitaria e calefacción a baixa temperatura. 

O centro contaba, ata o de agora, con cinco colectores solares na cuberta e, con esta obra, permitiuse a incorporación doutra batería de cinco colectores máis. Polo tanto, o dispositivo contará con 10 placas solares e un novo depósito interacumulador común de 700 litros. Neste senso, a reducción de emisións prevista é de 896 quilogramos de CO2 e prevese un afórro enerxético do 40 por cento. 

Esta actuación, cofinanciada  xunto co Instituto Enerxético de Galicia, forma parte do novo Plan de Aforro e Eficiencia Enerxética do Concello de Vilar de Santos que ten o seu horizonte en 2020.

Te puede interesar