Vilar de Barrio inaugura este martes unha escultura a prol da igualdade

O acto terá lugar ás 12,00 horas do mediodía na praza de Vilar de Barrio

Vilar de Barrio inaugurará hoxe, de xeito oficial, a súa escultura Lieders, unha homenaxe a todas as mulleres e un piar para a sensibilización contra a lacra da violencia de xénero. Ademais, con este nome, tamén se fai un guiño a Rosalía, quen escribiu o primeiro manifesto feminista de Galicia. 

O acto terá lugar ás 12,00 horas do mediodía na praza de Vilar de Barrio e contará coa presenza de Susana López Abella, secretaria xeral de Igualdade, e do delegado territorial da Xunta de Galicia na provincia, Gabriel Alén. 

A creación escultórica –que representa varios perfís femininos- do autor Luis Carrera, está localizada nunha zona verde no centro do concello de Vilar de Barrio e foi subvencionada pola Consellería de Emprego e Igualdade.

Te puede interesar