Vilar de Barrio premia ás casas mellor engalanadas

undefined
photo_camera Os bonecos da fonte do Toural, unha creación premiada.
Malia as restriccións polo covid, a proposta saiu adiante coa participación veciñal

O Concello de Vilar de Barrio vén de finalizar a iniciativa "O Nadal ao noso xeito", dentro da que varios veciños participaron engalanando casas particulares e espazos públicos do municipio como foi o caso das árbores do centro do pobo ou a fonte do Toural. 

Malia as restriccións existentes polo covid-19, a proposta de facer manualidades especiais e adornos con materiais reciclados saiu adiante do mesmo xeito que ocorrera no Nadal de 2019. Oito veciños de Vilar de Barrio encargáronse de proporcionar todo tipo de información e asesoramento neste senso e, dende o Concello, quixeron agradecer a súa labor "desinteresada" ao tempo que se destacou a importante participación veciñal. 

En total, seis foron as propostas gañadoras, concretamente, divididas en dúas seccións: manualidades e casas engalanadas. No primeiro caso os bonecos da fonte do Toural, o neno Xesús, e as flores que se repartiron polas árbores foron as premiadas. No segundo caso, tres fogares de Vilar de Barrio, Rebordechao e Arnuide foron as creacións que mais gustaron ao xurado encargado. 

Debido á situación epidemiolóxica actual non se poderá facer ningún acto de entrega, senon que traballadores do propio Concello se poñerán en contacto cos premiados para entregarlles cestas de productos e agasallos especiais.

Te puede interesar