A LIMIA

Vilar de Santos abre concurso para contratar a seis auxiliares

As solicitudes poderán rexistrarse no Concello de Vilar de Santos ata o vindeiro mércores, 12 de decembro.

O Concello de Vilar de Santos vén de facer públicas as bases do concurso para a contratación de seis auxiliares de axuda no fogar que traballarán un total de 25 horas semanais repartidas de luns a domingo. A duración do contrato para os aspirantes que resulten elexidos, prolongarase ata a o vindero 31 de decembro do ano 2019 e o salario mensual rondará os 600 euros. 

Entre os requisitos para poder participar no proceso de selección atópanse ser español ou cidadán membro da Unión Europea maior de 16 anos e  con titulación de grao medio en atención sociosanitaria ou equivalente, e posuir o permiso de conducción tipo "B". Tamén se valorará un baremo de méritos e puntuación. As solicitudes poderán rexistrarse no Concello de Vilar de Santos ata o vindeiro mércores, 12 de decembro.

Te puede interesar