ECONOMÍA

Vilar de Santos amosa músculo financiero nas contas do 2016

20170531_201104_1496258062300_result
photo_camera A corporación durante a sesión plenaria de onte.

O alcalde, Xan Xardón, sinalou que dende o seu goberno "invertiron no esencial, tratando de xestionar con transparencia"

A corporación de Vilar de Santos reuniuse onte en pleno ordinario para dar conta do resultado orzamentario correspondente ao exercicio 2016. Neste sentido, a administración local pechou o pasado ano cun resultado positivo de 41.186,05 euros, cifra que indica, tal e como sinalan dende o Consistorio, que "o Concello deu financiado a súa actividade e proxectos". 

Outro dato que o alcalde da localidade, Xan Xardón, valora de xeito "positivo" é o remanente de tesourería do que dispón o ente e que ascende a 263.249, 53 euros. Xardón sinalou que, dende o 2010, o seu goberno foi quen de incrementar esta cantidade nun 300 por cento. A política do primeiro edil de Vilar de Santos pasa por "xestionar ben e con transparencia". "Gastamos o que temos e invertimos no esencial: o centro de día, a escola infantil e os servizos. Agora mesmo, o Concello non ten ningunha débeda pero, se tivésemos que endebedarnos, teríamos a capacidade de facelo", engadiu Xardón. 

O rexidor local adiantou que empregarán parte do remanente, unha cifra de 65.000 euros, para efectuar melloras na piscina que se vai a abrir ao público nas vindeiras semanas e en pequenas obras que se van a acometer no concello. 

Por outra banda, Xardón explicou que o periodo medio de pago a proveedores foi, durante o primeiro trimestre de 2017, de 27 días. "Trátase duns meses nos que entran en funcionamento os orzamentos, neste trimestre estaremos na orde dos 12 días. 

Visita ao presidente

O alcalde de Vilar de Santos visitou esta semana ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Tratouse dunha xuntanza na que o rexidor local transladoulle ao máximo mandatario galego "proxectos importantes" para o concello. Neste sentido, Xardón procurou a colaboración da Xunta para realizar melloras en rúas e servizos. Tamén pediu colaboración para ampliar o centro de día ou a realizar obras de reforma no Museo da Limia. 

Te puede interesar