Vilar de Santos amplía o prazo das axudas para rehabilitar casas

Nunha sesión plenaria celebrada o pasado día 8 de marzo aprobáronse as bases reguladoras da convocatoria

As persoas interesadas en rehabilitar unha vivenda na Área de Rexeneración e Renovación Urbana do Núcleo de Vilar de Santos -Área de Rehabilitación Integral- terán de prazo ata o vindeiro 26 de xuño, tal e como se informou esta semana no Boletín Oficial da Provincia de Ourense. 

Nunha sesión plenaria celebrada o pasado día 8 de marzo aprobáronse as bases reguladoras da convocatoria para a concesión de subvencións para a rehabilitación de edificios e vivendas neste municipio. O primeiro prazo acordado para presentar a documentación pertinente remataría o vindeiro día 26 de maio, sen embargo, tal e como informou o rexedor local de Vilar de Santos, Xan Xosé Jardón, "durante o tempo transcorrido, as solicitudes son escasas e non se esgotou o crédito consignado". Por este motivo, dende a alcaldía decidiuse prorrogar o prazo para facilitar un maior número de peticións neste senso. 

Te puede interesar