Vilar de Santos inicia a mellora das sendas e pistas municipais

O investimento total do plan de mellora ascende aos 48.800 euros, dos cales o consistorio aporta unha cantidade superior aos 8.000 euros.  

O concello limián de Vilar de Santos iniciou as actuacións de mellor das pistas e camiños municipais. As obras lévanse a cabo co cofinanciamento da Consellería de Medio Rural. 

O investimento total do plan de mellora ascende aos 48.800 euros, dos cales o consistorio aporta unha cantidade superior aos 8.000 euros.  

Melloraranse, prioritariamente, aqueles camiños municipais que dean acceso a explotacións agrarias, moi deteriorados polo elevado peso da maquinaria agrícola. 

Te puede interesar