A Limia

Vilar de Santos inicia un proxecto de vivendas sociais

As persoas interesadas en acceder a un destes alugueres deberán dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais do Concello antes do 5 de febreiro

O Concello de Vilar de Santos está a traballar nun novo proxecto de carácter social co obxectivo de ofertar alugueres económicos aos veciños do municipio. Por este motivo, e para coñecer o número aproximado de persoas que estarían interesadas neles, o Goberno local vén solicitar a colaboración cidadá para crear un padrón de demandantes de vivenda de aluguer social e poder, deste xeito, optar ás subvencións que permitirán ao Concello acometer dito proxecto e ofertar este tipo de inmobles. 

As persoas interesadas en acceder a un destes alugueres deberán dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais do Concello de Vilar de Santos e dar os seus datos persoais. Poderán facelo ata o día 5 de febreiro, data na que rematará o prazo. 

Dende o Concello apuntan que, para máis información sobre a mencionada inscrición ou sobre o proceso terán que dirixirse ao departamento ou ao enderezo [email protected].

Te puede interesar