A LIMIA

Vilar de Santos mellora a rede viaria e os camiños

vilar_de_santos_result
photo_camera Obras que se están al desenvolver nun dos camiños agrícolas de Vilar de Santos.

O Concello destinará 116.000 euros para proxectos en infraestructuras

O Concello de Vilar de Santos destinará este ano 116.700 euros a proyectos de actuacións en infraestructuras, que abrangue a renovación e mellora viaria e conservación e protección do medio rural e natural. Así, destinará en 2015 un total de 83.000 euros á mellora de camiños rurais.

Este proxecto contempla o arranxo de 17 kilómetros en 24 camiños agrícolas da concentración parcelaria e outros de acceso a prados e montes, nos pobos de Laioso, Bréixome de Arriba, Bréixome de Abaixo, A Venda, Toxediño, Outeiro, Parada, O Vieiro, A Ponte, O Mosqueiro, Castelaus, As Cadas da Veiga e Vilar de Santos.

Na zona da Rede Natura, o Concello investirá 6.000 euros nun kilómetros máis de camiños, nunha actuación dirixida a limpar e restaurar pistas de acceso ás fincas do río Limia.

O alcalde de Vilar de Santos sinala que estas actuación "son fundamentais, tanto desde o punto de vista de mellora e renovación das infraestructuras, como desde a actividade agraria e súmase ao arranxo e mellora de 19 kilómetros de camiños feita no ano 2014". Con este programa bianual, quedarán reparados 37 kilómetros de camiños agrícolas, prácticametne a totalidade da rede municipal.

O Concello tamén abordará un proxecto encamiñado a facer obras de rexeneración do pavimento asfáltico na rede viaria de varios pobos, por un importe de 20.000 euros. Asi mesmo, co fin de mellorar as posibiliddes de conservación e desfrute da paixase e do medio natural e patrimonial, o Concello actuará na rede de sendeiros e a súa conexión co resto de camiños do Concello aptos para realizar rutas camiñando o en bibiclera nos sendeiros de Castelau, Ruxidouro e Parada.n
 

Te puede interesar