Vilar de Santos mellora os seus servizos sociais

especiales1-archive-2010-08-04-eva_0261_resultado
photo_camera Edificio do Concello de Vilar de Santos, que mellora os seus servizos sociais.
O Concello asinou un convenio coa xerencia da Xestión Integrada de Ourense

O rexedor local de Vilar de Santos, Xan Jardón, vén de asinar un convenio co xerente da Xestión Integrada de Ourense, Verín e o Barco, Félix Ruibal, co obxectivo de mellorar a atención social neste municipio. Grazas a este acordo, a traballadora social do Consistorio achegarase todos os luns, en horario de 09,30 horas a 12,00 horas, ao centro de saúde. Alí atenderá a todos os veciños que fagan uso desta prestación grazas á que terán unha atención individualizada, inmediata e adaptada, dunha maneira conxunta e coordinada cos servizos do Centro de Saúde. Neste senso, segundo matizou Jardón, "no mesmo momento en que se detecta unha situación de necesidade social se pode intervir inmediatamente no caso dende os Servizos Sociais". 

A iniciativa xurdiu cando se comprobou que os veciños non se dirixían a servizos sociais no concello por cuestións loxísticas

A determinación para levar adiante este programa piloto xurdiu ao ter constancia da existencia de persoas que non se dirixen aos Servizos Sociais por diversas causas e tamén, nalgunha ocasión, por cuestións operativas e loxísticas, xa que o Centro de Saúde e a Casa do Concello non están xuntos e para as persoas de idade avanzada ou con problemas de mobilidade, o desprazamento resulta complicado. "Seguimos avanzando, dando un paso máis. Este programa destaca pola súa innovación social e supón un traballo colaborativo e interdisciplinar. Queremos mellorar a atención e a cohesión social dos nosos veciños e veciñas", di o alcalde Xan Jardón.

Te puede interesar