Vilar de Santos ofrece cursos de informática de balde estes días

As formacións celebraranse todos os días entre as 16,30 horas e as 18,30 horas e, para poder participar, será necesario inscribirse na propia Aula Cemit -no número 77 da rúa de Celanova de Vilar de Santos- ou enviar un correo electrónico ao enderezo [email protected]

As persoas interesadas en mellorar as súas ferramentas informáticas e para navegar por Internet teñen unha oportunidade en Vilar de Santos. Ata o vindeiro 16 de agosto, na Aula Cemit deste municipio, celébrase a formación “Busca información na rede” , dirixida a todos os públicos. 

Por outra banda, a partir do 17 deste mesmo mes e ata o vindeiro día 31, terá lugar o curso “Tips para unha compra segura en Internet”. 

As formacións celebraranse todos os días entre as 16,30 horas e as 18,30 horas e, para poder participar, será necesario inscribirse na propia Aula Cemit -no número 77 da rúa de Celanova de Vilar de Santos- ou enviar un correo electrónico ao enderezo [email protected]

Trátase dunha programación que busca achegar o coñecemento das novas tecnoloxías a toda a poboación do rural.

Te puede interesar